Gran actividade galega a prol do Sw Libre

Reproduzo abaixo matéria publicada no sítio da AGNIX - Asociación de Usuários GNIX, da Galícia/Espanha, escrita em galego, atendendo sugestão do amigo Roberto Brenlla

Gran actividade galega a prol do Sw Libre

Unha gran actividade galega a prol do Sw Libre está a acontecer nas últimas xornadas, xusto tralo anunciamento do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), orzamentado en máis de 800 millóns de euros:

  • Vieiros sinala que a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, escolleu o software libre e as novas tecnoloxías como tema do seu relatorio na próxima Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (Coprepa). Nesta importante cita institucional, concretamente o vindeiro xoves 25 á tarde Villarino dará a coñecer un plan para fomentar o uso dos programas libres entre os deputados e traballadores da Cámara. Na actualidade, o Parlamento contrata a maioría das súas aplicacións a Microsoft, malia o apoio oficial da Xunta ao software libre.
  • Mancomun.org integra un novo servizo: A Forxa, o repositorio galego para proxectos libres
  • O CMG (Centro Multimedia de Galicia) imparte Cursos de Software Libre para xerar contidos multimedia, moi chamativo cando o centro sempre foi unha institución usuaria de sw privativo (ou cativo).
  • Traducíndote, o programa que traduce ao galego arquivos con formato odt de OpenOffice.org. Para elo utiliza o software de tradución Apertium, con licenza GPL, ofrecendo a súa calidade de tradución, sobordetodo, en pares de idiomas da península. Por qué non traduce documentos de Microsoft Word? Por ser este non-libre, pechado, privativo, cativo, foráneo, non estándar… e en riba de pago,claro.

Parece claro que algo está a trocar na nosa escena xa que, aínda sendo estes os primeiros pasos, camíñase en varias frontes cara unha maior implicación da sociedade na medida que ésta asimila todas as consecuencias positivas que empregar Software Libre fornece. Estamos no camiño.

Post a Comment
*Required
*Required (Never published)